Esta traza de algo menos de seis centímetros de envergadura, distribuída pola Europa central e meridional, é unha das máis fermosas de contemplar en voo pola rechamante e fermosa cor alaranxada das súas ás posteriores, que exerce unha enorme atracción visual. Coas ás pregadas, as anteriores son dunha aveluda cor negra atravesada por grosas liñas brancas, a maioría delas trazadas en diagonal.
A pesar de tratarse dunha noctuoidea, como outras bolboretas da súa mesma superfamilia, mostra hábitos diúrnos e resulta habitual contemplala durante os meses do estío en zonas húmidas e frescas de altitude inferior aos mil cincocentos metros, presentándose nunha única xeración anual.
Xénero: Euplagia
http://ichn.iec.cat/bages/ribera/imatges%20grans/cEuplagia%20quadripunctaria.htm
http://granadanatural.com/ficha_fauna.php?cod=25
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario