Ra verdexada,(Pelophylax perezi)
A ra común (Pelophylax perezi) é un anfibio anuro da familia Ranidae. É unha ra de tamaño mediano a grande, podendo alcanzar os 11 cm de lonxitude nas femias, aínda que non adoita superar os 8 cm. Posee unha coloración verde e marrón moi variable, con manchas negras, cunha liña vertebral verde máis clara e sen a característica mancha temporal das ras pardas. O ventre é de cor agrisada.
O tímpano é conspicuo e as dobras glandulares dorsolaterais están moderadamente desenvolvidas; ambos os dous de cor bronce. É unha ra moi estilizada, con longas patas. Ten 4 dedos nas extremidades anteriores e 5 nas posteriores que están unidos por membranas interdixitais moi desenvolvidas. A pupila do ollo é horizontal. Os machos teñen sacos vocais de cor agrisada nas comisuras da boca.
Chegan a vivir ata 6 anos, aínda que o máis habitual é 2 ou 3 anos.
Chegan a vivir ata 6 anos, aínda que o máis habitual é 2 ou 3 anos.
http://es.wikipedia.org/wiki/Pelophylax_perezi
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario