Pan de paxaro,(Sedum acre)

Como todas as especies deste xénero, é unha planta moi ben adaptada á seca, debido á capacidade de almacenar auga nas súas follas. É unha planta herbácea, carnosa e perenne que forma tapices e que alcanza os 5-12 cm de altura. Ten finas raíces que penetran nas gretas pequenas. As follas son carnosas, moi numerosas, sésiles e erectas. Ten pedúnculos erguidos ou rastreiros que alcanzan o 8 cm de lonxitude. As flores en forma de estrelas, con cinco sépalos e pétalos de cor amarela brillante, agrúpanse en corimbos terminais.


- É tóxica e por vía interna produce vómitos, polo que é moi pouco utilizada.
- En forma de compresas utilizouse para o tratamento depurativo en enfermidades cutáneas.
- Ten acción contra a hipertonía, aínda que é irritante e vesicante.
- En homeopatía utilízase a súa tintura para tratar as hemorroides e as fisuras anais.
- Polo seu poder vesicante recoméndase no tratamento de espullas e durezas da pel

0 comentarios:
Publicar un comentario