Salicário ,(Lythrum salicaria)
É unha herba semiacuática da familia das litráceas, nativa de zonas húmidas de Eurasia. Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo.
Unha soa planta pode producir máis de tres millóns de pequenas sementes anualmente. Son transportadas doadamente por vento e auga, xerminando en chan húmido despois de invernar. Tamén se propaga por anacos de raíz caídos en terra ou auga. Unha vez establecida, é difícil e custoso de erradicar por medios mecánicos e químicos.
É unha planta moi astrinxente, de grande eficacia no tratamento da disentería, así como para combater diarreas infantís.
Exerce tamén como bo antiséptico e é lixeiramente hemostático, isto é, que é capaz de de cortar unha hemorraxia pequena, como un sangrado de nariz.
En uso externo pódese empregar como antiséptico e cicatrizante.
Usos tradicionais:
Diarreas leves; en uso tópico: feridas, úlceras varicosas, estomatite, blefaroconxuntivite, eccemas.
http://www.infojardin.net/fichas/plantas-medicinales/lythrum-salicaria.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Lythrum_salicaria
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario