Formiga aveluda ou Mata vacas,(Mutillidae sp)
En realidade trátase dunha avespa, tamén coñecidos vulgarmente como formigas de felpa ou formigas aveludas, as femias carecen de ás e se asemellan ás formigas, coas que están afastadamente relacionadas. O nome común refírese a que están cubertas de peluxe que pode ser vermella, negra, branca, prateada ou dourada
O tegumento, moi forte e rugoso, confírelles protección contra as picaduras de avespas e abellas, cuxos niños invaden. Os machos teñen ás e non son tan peludos como as femias. O dimorfismo sexual é tan marcado que ás veces é difícil saber que machos e femias pertencen á mesma especie a menos que llos capture no momento do apareamento. Nunhas poucas especies o macho é moito máis grande que a femia e carréxaa en voo durante o apareamento.
Teñen unha picadura extremadamente dolorosa, de aí o nome de matadoras de vaca porque se di en broma que poden matar unha vaca. Como en todos os outros himenópteros só as femias teñen aguillón e poden picar. Como noutras avespas poden picar repetidamente. Teñen un órgano de estridulación no metasoma ou abdome. Cando se lles molesta poden producir un chío ou son agudo con este órgano que serve para previr e a escorrentar posibles predadores.
http://es.wikipedia.org/wiki/Mutillidae
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario