Catalina,(Silene scabriflora)
Especie anual, enteiramente herbácea, erecta, xeralmente ramificada dende a base e con presenza de pelos. As súas follas basais aparecen en pares máis ou menos distanciados, o resto son opostos e sen estípulas (pequenos apéndices membranosos ou foliáceos que se encontran no punto de inserción das follas co talo).
As flores presentan simetría radial e cinco pezas periantales. Os pétalos son de cor rosa intensa e presentan uñas manifesta.
O froito é tipo cápsula e encóntrase incluída dentro do cáliz.
http://www.floravascular.com/index.php?spp=Silene%20scabriflora
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario