Gladiolo,(Gladiolus illyricus)
Este gladíolo vive nas matogueiras, é o máis pequeno de todos, coas follas bastante estreitas e flores de cor purpurina, bastante máis escuras que as outras especies deste xénero.
O nome do xénero atribúese a Plinio e fai referencia, por un lado, á forma das follas destas plantas, similares á espada romana denominada "gladius". Por outro lado, tamén se refire ao feito de que na época dos romanos a flor do gladíolo se entregaba aos gladiadores que triunfaban na batalla; por iso, a flor é o símbolo da vitoria.

Gladiolus é un xénero de plantas perennes e bulbosas pertencente á familia Iridaceae. O xénero distribúese na área mediterránea europea, Asia, África tropical e Suráfrica. Non obstante, o centro de diversificación do xénero é a provincia Del cabo, en Suráfrica, onde se achou o maior número de especies. De feito, o xénero comprende aproximadamente 250 especies, das cales 163 son de África austral, 10 de Eurasia, 9 de Madagascar e as restantes de África tropical.
http://es.wikipedia.org/wiki/Gladiolus
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario