

Na Praza de Juan Sebastián Elcano, onde están os Xardíns de Herrera. Atópanse nun promontorio, no interior dun baluarte defensivo da cidade, e é propiedade da Armada. Desde aquí hai unhas espléndidas vistas da ría de Ferrol e dos Arsenais.

Os xardíns están moi coidados e, entre outras especies vexetais, hai moitos magnolios. Foron proxectados polo enxeñeiro naval Andrés Comerma.

Monumento ao mariño Jorge Juan


No centro da praza de Juan Sebastián Elcano, rodeada dos chamados Xardíns de Herrera, atópase un monumento dedicado ao mariño Jorge Juan. É unha escultura de bronce erixida sobre un pedestal de pedra. A estatua aparece sinalando coa súa man esquerda cara aos Arsenais, xa que este marine foi un dos deseñadores do arsenal, e o que introduciu a técnica inglesa de construción naval en España.



0 comentarios:
Publicar un comentario