Libélula frecha azul, (Orthetrum coerulescens )
Macho
Seu tamaño é pequeno variando entre 36-45 mm de lonxitude, ademais, presenta o abdome deprimido dorsoventralmente e bastante afiado no seu extremo, e nas súas ás presenta un gran pterostigma amarelo de até 4 mm. Por outra banda, presenta a cara de cor pardo claro. E o seu tórax presenta dúas liñas pálidas na parte superior.Os machos adultos son dunha cor azul pruinoso, como é típico no xénero Orthetrum, o que os fai facilmente distinguibles dos demais membros da familia en Europa. Mentres que as femias son de cor pardo amarelado, cunha liña escura dorsal, atravesada por outras liñas escuras curtas na parte distal de cada segmento do abdome. Os machos novos parécense moito ás femias, pero mostran as partes externas do abdome máis escuras.
Femia
0 comentarios:
Publicar un comentario