Podalonia hirsuta
Femia
As avespas excavadoras (Familia: Sphecidae) son himenópteros solitarios que adoitan aniñar no chan. A femia paraliza co seu aguillón á presa ou presas, habitualmente outros insectos, os cales servirán de alimento ás larvas.
Macho
A primeira ollada apréciase na súa morfoloxía unha cabeza relativamente ancha respecto ao torax, unhas antenas non abaceladas e unhas ás estilizadas que en repouso se mostran pechadas sobre o tórax.
Femia
Resultan fascinantes, non só pola súa anatomía senón tamén pola súa forma de actuar.O que máis chama a atención no caso da Podalonia hirsuta, é o deseño, lonxitude e delgadez da cintura que o une ao tórax.
A femia busca e elixe coidadosamente un lugar onde escavar o seu niño, que adoita ter uns 3 centímetros de profundidade. A continuación captura unha presa, que adoita ser un saltamóntes ou un grilo, ao que paraliza pero non mata o seu aguillón e introdúceo no niño. Por último deposita un ovo sobre a presa e tapa coidadosamente a entrada de maneira que a súa futura descendencia conta cun acubillo seguro e alimento para o seu desenvolvemento. Pódense producir entre 2 e 3 xeracións anuais.
Aínda que as larvas aliméntanse dos insectos que deposita a súa proxenitora no niño, os adultos aliméntanse do pole e o nectar das flores, polo que contribúen favorablemente á polinización de cultivos, á vez que limitan o desenvolvemento de pragas.
Femia
0 comentarios:
Publicar un comentario