Grilo-topo,Alacrán ceboleiro,(Gryllotalpa gryllotalpa)
O Grilo topo ou Grilotopo é un dos insectos máis inusuais,Recibe este nome polo seu parecido aos grilos,e os seus costumes similares cos topos.Posúen un par de patas dianteiras moi fortes que lle serven para escavar galerías.
Destrúe raíces, bulbos, tubérculos e pescozos da maioría das plantas de horta: pataca, cenoria, cebolas, etc., onde causan grandes estragos, ao comer e ao esnaquizalas con galerías.
Pasan o inverno aletargados. Na primavera saen para a unión sexual. Despois dunha choiva ou rega, abandonan tamén as galerías e saen á superficie.
(O da foto,tal como podedes ollar atopase un pouco lonxe do seu hábitat)
0 comentarios:
Publicar un comentario