Xoaniña de catorce puntos,(Propylea quattuordecimpunctata)
Da xoaniña de catorce puntos identificáronse cientificamente máis de cen deseños de cor distintos. En xeral, son amarelas cos puntos negros, pero a amplitude destes puntos pode estenderse mesmo a toda a superficie amarela. A cor básica tamén pode ser branco. Mide uns 6 milímetros de lonxitude.
As femias poden pór até catrocentos ovos, pero en moi poucas ocasións reprodúcense masivamente. As larvas son moi activas e poden correr bastante rápido. Locen un corpo erizado de espiñas e de aspecto pouco agradable. Úsanse comercialmente para o control de pulgones en diversas plantas. Os adultos poden chegar a vivir dous anos completos.
http://herramientas.educa.madrid.org/animalandia/ficha.php?id=1336
0 comentarios:
Publicar un comentario