Gaiteiro vermello,(Pyrrhosoma nymphula)
Macho
Iste pequeno cabaliño do demo mide de 33-39 mm. Existe certo dimorfismo sexual entre machos e femias, sendo máis robustas (cilíndrica) as femias. Os machos presentan unha cor vermella máis intenso e menor profusión de manchas, aínda que conserva bandas negras nos segmentos 7, 8 e 9. As femias posúen tons máis pálidos (laranxa- amarelado) e maior profusión de manchas, en todos os segmentos do abdome, en posición dorsal, o ventre é claramente de cor amarela.Macho
É unha especie moi voraz, aliméntase de grandes cantidades de pequenos insectos. Os machos son moi territoriais e manteñen vixiado o seu territorio expulsando a calquera intruso, é uns dos odonatos que primeiro se poden ver voando na primavera.
Macho
Crase: Insecta
Orden: Odonata
Suborden: Zygoptera
Familia: Coenagrionidae
Xénero: Pyrrhosoma
http://www.granadanatural.com/ficha_fauna.php?cod=103
0 comentarios:
Publicar un comentario