Cobra de Agua ou de Colar,(Natrix natrix)
Excepcionalmente pode chegar a medir dous metros de lonxitude, os adultos normalmente roldan os 120 cm. Ten o corpo groso, a cabeza redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable, o máis habitual é pardo ou verde escuro, aínda que poden aparecer desde cor gris até negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos mostran un colar característico de cor amarelada ou alaranxada.
É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peces. As femias son maiores que os machos. se aparea pouco despois de saír do estado de hibernación, na primavera durante abril ou maio. Pon ovos en grupos de 8-40 de xuño a xullo que eclosionan tras unhas 10 semanas. Como os ovos requiren unha temperatura de 21° C para eclosionar, prefire situar as postas sobre vexetación en putrefacción, incluíndo cheas de compost. As crías teñen 18 cm ao eclosionar e son independentes inmediatamente.
Ao non ser venenosa, as súas únicas defensas son producir un fluído de cheiro fétido desde as glándulas anais e finxir que está morta. En ocasións tamén finxen atacar, golpeando simplemente abrindo a boca. É raro que morda para defenderse.
0 comentarios:
Publicar un comentario