Pavo Real,(Inachis io)
É unha bolboreta moi vistosa, difícil de confundir . Na sua parte superior é dunha cor vermella forte con ocelos negro-azulados en cada á. Os ocelos serven para despistar aos depredadores. Por baixo é dun marrón case negro.
O adulto hiberna oculto en edificios e árbores. Pon os seus ovos ao comezo da primavera, podendo pór máis de 500 ovos. As orugas rompen o ovo unha semana despois.
A oruga varía bastante segundo vai crecendo. Ao comezo non exceden os 3 mm, son dunha cor branca-verdoso (excepto a cabeza que é negra) e son desproporcionadamente cabezonas. Despois vanse escurecendo, así como as súas dimensións proporciónanse, chegando aos 4 cm de longo. Presenta puntos brancos en cada segmento. Crécenlle por todo o dorso peludas espiñas negras, aínda que non é unha especie urticante. A oruga aliméntase sobre todo de ortigas
0 comentarios:
Publicar un comentario