Bilurico claro,ou Archibebe claro,(Tringa nebularia)
Ave Charadriiforme da familia Scolopacidae. É unha ave mariña, de aspecto delicado e elegante, con patas e pico moi longos. É un limícola localizable polos seus reclamos ruidosos, sonoros, monocordes.
Aliméntase vadeando en augas someras; grazas ao seu longo pico, captura facilmente peixes, vermes, insectos e crustáceos.
Cría en marismas preto das charcas ao noroeste de Europa; en migración, véselle en pantanos e prados alagados.
É natural de Europa, África, Asia e Oceanía. Aniña ao norte da súa distribución. Inverna desde o Mediterráneo ata Australia e Nova Zelandia. Nas súas migracións de primavera (boreal) pasa polas illas de Alaska. Tamén accidental noutras partes de América do Norte.
0 comentarios:
Publicar un comentario