Cuartel Cuartel a Nosa Señora de Dores ou Cuartel de Batallóns
É o acuartelamento de Infantaría de Mariña, está situado ao leste do Arsenal e contiguo a Fontelonga. É un edificio de planta cadrada cun gran patio central e tres alturas útiles de habitabilidade, así como un grande alxibe subterráneo e unha edificación de servizos (cociñas) na parte traseira. Destacan na súa arquitectura a sobria fachada con balcón sobre columnas pareadas e escudo de armas reais, e os soportais e a galería aberta ao patio con arcos rebaixados (planta baixa e primeira) sobre 44 piares.Os primeiros planos de construción son de J. Petit de la Croix en 1751, continuando as obras F. Llobet e finalmente J. Sánchez Bort entre 1765-1771.





















0 comentarios:
Publicar un comentario