Budleia,(Buddleja davidii)

É un arbusto ornamental procedente das zonas montañosas de China, en Galicia esta considerada como unha especie invasora. As súas inflorescencias son de cor púrpura, compactas e con moitas flores, polo que son apetecidas polos insectos. Reprodúcese tanto pola numerosa semente que produce coma mediante gallos, pois prenden doadamente, aspecto que hai que ter en conta no momento de desfacerse dos restos da planta. Sendo usada en xardinaría, aparece preto de zonas habitadas ou transitadas.
http://es.wikipedia.org/wiki/Buddleja_davidii
0 comentarios:
Publicar un comentario