Bolboreta dos muros,(Pararge aegeria)

Coñecida popularmente como Bolboreta dos muros, é unha das bolboretas máis comúns da península ibérica.
De tamaño medio, entre 35 e 45 mm de envergadura, con dimorfismo sexual pouco definido. O anverso das ás é de cor leonada, cun reticulado de cor marrón escura; pequeno ocelo apical nas anteriores, e tres ou catro ocelos, de pupila branca, dentro dunha banda submarxinal amarela, nas ás posteriores. O reverso das ás anteriores é similar ao anverso, pero con menor contraste, mentres que as ás posteriores presentan unha función mimética, con liñas de cores claras e escuras, pouco definidas, que imitan ás follas secas.
De tamaño medio, entre 35 e 45 mm de envergadura, con dimorfismo sexual pouco definido. O anverso das ás é de cor leonada, cun reticulado de cor marrón escura; pequeno ocelo apical nas anteriores, e tres ou catro ocelos, de pupila branca, dentro dunha banda submarxinal amarela, nas ás posteriores. O reverso das ás anteriores é similar ao anverso, pero con menor contraste, mentres que as ás posteriores presentan unha función mimética, con liñas de cores claras e escuras, pouco definidas, que imitan ás follas secas.

É unha especie amplamente distribuída: dende o norte de África, Europa occidental e Rusia, ata Asia. Presente en toda a península Ibérica e Baleares, frecuenta todo tipo de espazos abertos, dende o nivel do mar ata os 2.000 metros de altitude. Voa dende febreiro ata novembro en dous ou máis xeracións.
O seu voo é errático, e desprázase dunha matogueira a outro, en busca de alimento ou parella. O macho mostra un marcado comportamento territorial, perseguindo e atacando outras bolboretas -ou insectos- que atravesen o seu espazo. Cando divisa unha femia, investígaa para descubrir se é propicia á cópula e, en caso afirmativo, esta prodúcese sen dilación, sen ningún tipo de cortexo nupcial.

A femia deposita os ovos, dun nun, sobre as herbas; entre os meses de abril e maio, nunha primeira xeración, e durante o verán, en xeracións posteriores. As eirugas, que nace aos dez ou quince días, son de cor verde amarelenta, cunha liña lonxitudinal verde escura, perfilado en branco; e liñas claras e escuras ao longo dos costados. A cabeza é globulosa, de cor verde azulada, e o corpo, provisto de pilosidade curta, estréitase ao final do abdome, rematando en dous pequenos apéndices caudais de cor esbrancuxada ou rosada. Cando son molestadas, déixanse caer ao chan, e non abandonan a planta nutrícia, alimentándose tanto de día coma de noite. A primeira xeración completa o seu crecemento nun mes, mentres que as xeracións posteriores poden crisalidar en outono ou hibernar ata a primavera seguinte, para proseguir co seu crecemento.
É frecuente observar adultos descansando ou "soleándo se sobre silveiras, sebes ou flores, mesmo durante os días máis benignos do inverno,". Os individuos adultos mostran un comportamento denominado "hilltopping", que consiste en situarse en lugares elevados, para vixiar o seu territorio, perseguindo e expulsando calquera individuo que o sobrevoe.
Esta especie mostra un curioso comportamento alimentario, xa que non acostuma a libar o néctar das flores, senón que sente predilección por algúns froitos, ou polos sales minerais que se encontran no chan ou nos excrementos.
Familia: Nymphalidae
Xénero: Pararge
http://www.asturnatura.com/especie/pararge-aegeria.html
http://unaventanaaldelta.blogspot.com.es/2012/02/mariposas-del-delta-pararge-aegeria.html
0 comentarios:
Publicar un comentario