Mexacán ou Escornacabras,(Solanum dulcamara)
O seu froito é unha baga ovoide, velenosa para os humanos e o gañado pero comestible para os paxaros que dispersan as súas sementes. A follaxe é tamén velenosa para os seres humanos. É nativa do norte de Africa, Europa e Asia, estendéndose por todo o mundo, en Norteamérica esta considerada un problema por ser unha herba invasora. A planta é relativamente importante na alimentación dalgunhas especies de paxaros, como os tordos que se alimentan dos seus froitos, aos que son inmunes, dispersando as sementes. Desenvólvese en todo tipo de terreos con preferencia polas zonas húmidas e o sotobosque dos bosques de galería. Xunto con outras rubideiras crea un ambiente impenetrable e escuro onde se resgardan diversos animais.
Utilízase como planta medicinal para afeccións da pel e alerxias do Herpes
Utilízase como planta medicinal para afeccións da pel e alerxias do Herpes


http://es.wikipedia.org/wiki/Solanum_dulcamara
0 comentarios:
Publicar un comentario