Polvoreira
A polvoreira é unha construción de planta rectangular cun muro exterior de protección, na que destaca o dobre tabique nas súas cabeceiras, os 6 piares internos e os longos muros laterais con grandes contrafortes, onde están as ventilacións indirectas. Ten tamén polo mar outro muro de contención e unha rampla embarcadoiro. O interior e o tellado están ruinosos.
Ubicada dentro do perímetro acoutado pola Base Naval da Graña, polo tanto a cidadanía non pode facer visitas ao recinto.
Ubicada dentro do perímetro acoutado pola Base Naval da Graña, polo tanto a cidadanía non pode facer visitas ao recinto.
Estas construcións, que se encontran no extremo nordeste da boca da ría, foron as instalacións de aprovisionamento de pólvora para todo o conxunto das baterías costeiras.
Edificio do corpo de garda
Ambas as dúas obras foron realizadas por J. Verxel en 1737, que empregou granito para os exteriores e madeira para as instalacións internas.O cuartel é tamén unha construción de planta rectangular con dous espazos definidos para a tropa e os mandos que custodiaban a polvoreira. Ten dúas plantas (alta e baixa) cun soportal de catro arcadas e dúas grandes chemineas que corresponden a catro fogares.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario