Mosca cernidora,(Episyrphus balteatus)
Súas cores, similares aos dunha avespa, dan a esta mosca inofensiva un aspecto temible, non obstante carece de aguillón.
As moscas cernidoras poden quedar inmóbiles no aire, como un helicóptero, para calqueira lado, tamén voan para atras. Da as aletadas a gran velocidade, co cal as ás desaparecen da vista do home percibíndose só a súa sombra.
A diferenza doutros sírfidos con larvas acuáticas, as larvas de Episyrphus balteatus viven sobre plantas, onde se alimentan de pulgóns que perseguen e capturan activamente.
http://www.asturnatura.com/especie/episyrphus-balteatus.html
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario