Xacinto dos bosques,(Hyacinthoides non-scripta)
A terminación "non-script" foi engadido para diferenciar esta especie do jacinto clásico, flor que foi descrita na mitoloxía grega como xurdida do sangue do moribundo príncipe Jacinto como marca da súa dor pola morte do príncipe Apolo.
-As súas propiedades químicas están a ser investigadas como tratamentos contra o cancro e algunhas infeccións graves.
-É unha planta tóxica, a inxestión dos bulbos causa trastornos grastro-intestinais, xa que contén glucósidos, que fan baixar o pulso, provocan náuseas, diarreas e vómitos e en doses máis altas causan hipotensión e arritmias cardíacas.
-Polo seu alto contido en mucílago o seu bulbo utilizouse para obter almidón, empregado para endurecer tecidos
-Da súa savia obtense un pegamento excelente, que se extrae cunha simple incisión no talo ou nos tubérculos.
No Reino Unido Hyacinthoides non-scripta é unha especie protexida baixo a acta parlamentaria Wildlife and Countryside Act 1981, segundo a cal prohibese aos propietarios de terras vendelas prantas e considérase un delito criminal desenterralos bulbos de xacinto silvestre. A lexislación foi endurecida en 1998, baixo o artigo 8 da acta:o comercio de bulbos ou sementes desta especie de xacintos é un delito.
http://es.wikipedia.org/wiki/Hyacinthoides_non-scripta
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario