Picanzo Real ou Alcaudón Real,(Lanius meridionalis.)
Xeralmente sua parte superior é de cor gris perla, cunha banda de cor branca sobre os seus ollos e fazulas, e un asuco negro desde a fronte até a cobertura do oído, pasando polo ollo. As escápulas son de cor branca, e as ás branco e negro, cunha ou dúas barras brancas. O pico é case negro, pálido na base da mandíbula; as patas son negruzcas. As aves máis novas son de cor marrón grisáceo, con máis ou menos barras distintas no seu parte superior.
A ave ten unha pose característica cando se pousa nas ramas altas das árbores, ou nos postes de telégrafos. Ten unha percepción visual que non se perde de nada que se mova, percibindo movementos de abellas ou lixeiras diminucións da herba causadas por insectos.
A pesares de utilizar os seus pés para soster escaravellos ou moscas, o Picanzo Real tamén utiliza outros métodos para cazar e comer presas de maior tamaño como lagartos, ratos, musarañas, e mesmo outras aves, que son atraídas polo Picanzo mediante a imitación das súas chamadas. Estas, ao ser capturadas, son empaladas polo Picanzo en elementos puntiagudos, como grandes espiñas naturais coma as dos Toxos. Ao estar ben aseguradas, as presas son desgarradas pola ave co pico, pois as súas patas non son adecuadas para desgarrar. Normalmente, a metade das presas capturadas pola ave consisten en pequenos mamíferos.
O voo do Picanzo Real é pesado, pero o é recto e decidido. Cando é perturbado, produce unha nota de alarma forte, similar á doutras especies de aves. A súa canción consiste en agradables trinos.
http://es.wikipedia.org/wiki/Lanius_excubitor
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario