Náyade,(Celastrina argiolus)
Bolboreta cunha envergadura alar de entre 26 e 32 mm. O macho ten o anverso de cor azul celeste brillante, con marxes escuras, sendo o seu reverso branco-azulado moi claro con puntos negros pouco marcados. A femia ten as marxes escuras do anverso moi anchos, sendo estas marxes aínda máis anchos nos exemplares da segunda xeración.
Vive en xardíns, claros de bosque, bordos de camiños e matogueiras, pódense atopar dende o nivel do mar aos 1900 metros. Voa dende febreiro até outubro, en dous ou máis xeracións ao ano.
Os machos reúnense nos bebedoiros, ás veces en gran número.
Clase: Insecta
Orden: Lepidoptera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Lycaenidae
Subfamilia: Polyommatinae
Xénero: Celastrina
http://es.wikipedia.org/wiki/Celastrina_argiolus
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario