Lirio amarelo,(Iris pseudacorus)

Crece ben en condicións moi húmidas, é común atopala en pantanos e humidais

É unha planta medicinal da que se emprega o rizoma polos seus contidos en taninos, mucílago e outros principios activos. Foi empregado como astringente e sobre todo como un potente catártico, aínda que hoxe día apenas é usado. É emético, emenagogo, e usouse tamén para combater as dores dos dentes ao friccionarse os mesmos cun anaco de raíz. Actualmente emprégase como emético e astringente. Contén irisina, sustancia tóxica, polo que para o seu uso interno ha de consultarse a un médico.
As sementes úsanse como substituto do café
As sementes úsanse como substituto do café

http://es.wikipedia.org/wiki/Iris_pseudacorus
0 comentarios:
Publicar un comentario