Illas Mirandas
As Illas Mirandas son duas, a Miranda Pequena e a Miranda Grande, ambas rodeadas de varias rochas.
Existen varias lendas sobre as illas, unha delas é a da Sirena das Mirandas, que conta:
"Na mitoloxía grega, as sirenas eran concibidas como seres fabulosos coa parte inferior do corpo dunha ave, e coa superior dunha muller alada. Así as describe Homero ás que lle cantan a Ulises na súa viaxe de Troia a Itaca.
Pero a sirena que nadaba polos mares de Ares era moi distinta ás gregas. Igual que as que contan que visen por toda Europa xa desde a Idade Media , a nosa era unha sirena mariña. Até a cintura , muller, de beleza e atractivo como as princesas dos contos. De aí para abaixo era un peixe cunha cola rosada e chea de escamas de prata, que lembraba na cor a un salmonete xigante.
Era unha sirena inquieta e faladora, e dáballe por charlar con gaivotas e corvos mariños, que lle contestaban cos seus berros incomprensibles. Algunhas veces, xogaba no medio dun banco de peces ou cos golfiños que visitaban a ría. Logo quedaba soa e pensativa, e íase a tomar o sol polas praias de Perbes e de Centroña e polas do oeste de Ares. Pero sempre se tiña que mergullar no mar cando chegaban persoas. Frecuentaba as desertas illas Mirandas, aínda que por alí tamén pasaban pescadores a roubar un pouco de aceite de abóiaa e quentar co a comida. ¿Por que asustaba á xente? ¿Non podería ser ela unha rapariga normal?.
Un día foi sorprendida nunha praia por un fidalgo dos máis poderosos de Galicia, que quedou totalmente namorado. casou en segredo con ela e levouna para casa. Co paso do tempo lonxe do mar, caeron as escamas e a pel da cola e puido por fin ter fillos. Nunca máis sentiu soa a sirena das Mirandas.
Recollida do libro "De lenda en lenda: camiños máxicos polo noroeste de Galicia"
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario