Ícaro,(Polyommatus icarus)
É unha das bolboretas máis belas de Galicia. Relativamente fácil de identificar porque presenta dous puntos negros no reverso da á anterior, mentres que outras similares só presentan un. Ademais, Polyomattus icarus ten as lúnulas alaranxadas de forma redondeada.
É dun vistoso colorido e reducido tamaño, presenta numerosas variacións de medida e cor, segundo sexo, idade, xeración, ou zona de residencia. A súa envergadura oscila entre os 25 e 30 mm, sendo unha especie con marcado dimorfismo sexual.
Clase: Insecta
Orden: Lepidoptera
Familia: Lycaenidae
Género: Polyommatus
http://www.asturnatura.com/especie/polyommatus-icarus.html
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario