Branquita da col,(Pieris rapae)
Coñecida como "blanquita da col" ou "bolboreta da col", o seu nome científico é Pieris Rapae e pertence á familia Pieridae.
É unha bolboreta de tamaño mediano-pequeno, que oscila entre os 4 e 5 centímetros de envergadura. O reverso desta bolboreta ten unha cor verdoso-amarelado pálido, con escamas de cor agrisado escuro diseminadas, mentres que o anverso é branco.
O macho diferénciase da femia polas manchas escuras que presenta no anverso das ás anteriores. Mentres no macho só hai unha mancha circular ben marcada, na femia aprécianse claramente dúas manchas postdiscales. Tanto o macho como a femia posúen unhas manchas escuras na área apical (extremo) das ás anteriores.
As eirugas poden converterse en pragas de cultivos de coles.
http://www.asturnatura.com/especie/pieris-rapae.html
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario