Avespa cartoneira,(Polistes dominula)
A Avespa cartoneira, coñecida por este nome porque constrúe a cela dos seus niños con celulosa obtida das cortizas das árbores. Esta celulosa é masticada e moldeada para proporcionarlle a consistencia dun papel mollado, podendo así moldealo e darlle a característica forma das celdas.
É unha avespa de agresividade media ou baixa, considerada como infesta en varios países, e con impacto negativo cara ás actividades agropecuarias, particularmente a fruticultura.
Habitualmente constrúe os seus niños en beirados e abrigos resgardados da intemperie nos teitos de edificacións e construcións humanas, aínda que tamén poden aparecer en árbores.
Aliméntase principalmente de froitas maduras. Normalmente ataca só cando percibe agresións cara ao seu niño.
http://es.wikipedia.org/wiki/Polistes_dominula
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario