Aeshna mixta
É unha libélula de gran tamaño con case sete centímetros de lonxitude e máis de oito de envergadura alar. O abdome dos machos leva grandes manchas azuis brillantes xunto a outras diminutas de cor amarela, sobre un fondo escuro, as femias presentan manchas amarelo-verdosas sobre o corpo pardo.
Son unhas voadoras incansables, polo que non resulta raro velas afastadas do seu habitat natural perseguindo insectos para alimentarse.
http://en.wikipedia.org/wiki/Migrant_Hawker
0 comentarios:
Publicar un comentario