Insecto pau,(Bacillus rossii)
Este insecto pau alcanza os 5 centímetros de lonxitude corporal en estado adulto, e pódense identificar por unha liña lateral de cor branca que percorre todo o corpo desde a base dos ollos. As antenas son sensiblemente curtas, non alcanzando os 3,5 centímetros de lonxitude.
A coloración pode ser gris pardusca ou verde.
Son activos pola noite, durante o día permanecen en completa inmobilidade pasando desapercibidos grazas ao seu críptico mimetismo.
Poden reproducirse por partenogénesis, polo que a proporción de machos e femias é aproximadamente dun macho por cada mil femias. As postas realízanse no chan e as ninfas deben sufrir catro mudas para converterse en adultos.
http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Bacillus-rossii-img132226.html
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario