Libélula de tamaño medio de 46 a 52 mm. Cabeza cos ollos completamente separados, de cor azul. Na cabeza posúen un par de ollos globosos, laterais e bastante separados. Vértex (placa que separa ambos os dous ollos) completamente negro. Poderoso toráx con cor de fondo amarela e sucada por varias suturas "manchadas" de negro. A especie distínguese doutras por que as manchas que percorren as suturas metapleural e mesometapleural teñen puntos en contacto, deixando unha mancha amarela, máis ou menos ovalada.
Macho
Macho
Macho
Macho
Femia xoven
Femia xoven
Femia xoven
Femia xoven
Femia xoven
É unha especie moi esixente en canto á calidade e limpeza da auga. Prefire ríos e regueiros de augas cristalinas, fondo areento e marxes relativamente desprovistos de vexetación.
A actividade dos imagos ou adultos comeza a finais de Marzo e remata a finais de Setembro. Estes adoitan permanecer pousados no chan ou sobre a vexetación ribeirá. As larvas, posúen un corpo bastante alongado e necesitan máis dun ano para completar o seu desenvolvemento e metamorfose. O crecemento comeza ao final de verán para rematar na primavera do segundo ano.
Macho
Macho
Familia: Gomphidae
Especie: Uncatus
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario