No barrio da Magdalena atopámonos O Cantón de Molíns, trátase da primera zoa verde de Ferrol e foi a primeira alameda pública que se creou en Galicia. Seu nome orixinal foi "Cantón das Delicias", pero cámbiase polo de Cantón de Molins en 1853, ( Marqués de Molins, deputado por Ferrol e ministro da mariña)
Ao rededor hai moitos edificios históricos da cidade, así como algunhas estatuas e monólitos
Monumento aos caidos nas campañas en África
Realizado por Francisco Asorey no ano 1.949. O monumento é un obelisco de 15 metros de altura, rematado cunha Vitoria de bronce. O pedestal é de granito, e contén catro relevos de bronce, e unha placa conmemorativa aos ferroláns que morreron nas campañas de África.
foto 1- Reloxo no Arseal militar
foto 2- Concatedral de San Xiao, (San Julián)
foto 2- Concatedral de San Xiao, (San Julián)
A Concatedral de San Xiao, patrón da Cidade, é o monumento relixioso máis importante de todo o Concello de Ferrol. Atópase situada na rúa Irmandiños e foi levantada a finais do século XVII polo arquitecto Julián Sánchez Bort, sobre os restos dunha antiga igrexa románica. Posteriormente no ano 1959 obtivo o título de Concatedral, que pertence ás dioceses de Mondoñedo-Ferrol. É un templo de estilo neoclásico con planta en forma de cruz e capelas laterais. Merece especial mención a súa fachada principal flanqueada por dúas esveltas torres rematadas por cúpulas.
Fonte no Cantón
Correos
Edificio de estilo rexionalista construído en 1935 baixo a dirección dos arquitectos Joaquin Otamendi e Antonio Palacios. Consta dun gran patio central cuberto por unha vidreira na que se pode ollarse o escudo da República. foto 1- Edificio Obra Social Caixa Galicia
Edificio construído en 1794 baixo a dirección do enxeñeiro da Mariña, José López Llanos. Até 1926 serviu de cárcere público e posteriormente aloxou as oficinas dos Xulgado , Concello, así como o primeiro Instituto de Ferrol e Goberno Militar.
foto 2- Palco da música
Deseñado por Manuel Riva de Soto(1898), cun estilo ecléctico, responde ao modelo británico da Casa Walter MacFarlam de Glasgow. Á orixinal estrutura metálica e de madeira incorpóranse, a mediados do século XX, o ladrillo e o formigón. Planta poligonal. Alpendre de ferro coado, con columnillas que flanquean as varandas laterais, ménsulas e cuberta de zinc con soportes férreos. Escaleira engadida con posterioridade.Edificio construído en 1794 baixo a dirección do enxeñeiro da Mariña, José López Llanos. Até 1926 serviu de cárcere público e posteriormente aloxou as oficinas dos Xulgado , Concello, así como o primeiro Instituto de Ferrol e Goberno Militar.
foto 2- Palco da música
Cando se construíu non había banda de música municipal; actuaban nel as bandas militares do Terzo Norte de Mariña e do Rexemento de Infantaría "Mérida 65". É idéntico aos quioscos ou palcos da Coruña e Tui.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario