Batería situada na zona coñecida como Prioriño Chico, pertencente ao concello de Ferrol. Está construída nunha impresionante contorna natural, desde o que podemos gozar de magnificas vistas sobre a entrada da ría de Ferrol.
Non estaba orixinalmente nesta localización, pero debido á construción do porto exterior de Ferrol, foi trasladada pedra por pedra até este punto, distante uns 700 metros do lugar orixinal.
Non estaba orixinalmente nesta localización, pero debido á construción do porto exterior de Ferrol, foi trasladada pedra por pedra até este punto, distante uns 700 metros do lugar orixinal.
Actualmente é das mellor rehabilitadas. Nela observamos a liña defensiva por terra con banqueta, seteiras e restos de edificios loxísticos; polvoreira a proba de bomba e batería artilleiro ao mar coas súas troneiras, merlóns, adarve e forno de "bala vermella" (incandescente).
A súa construción dátase en 1739 con sucesivas ampliacións (1747-1762), nas que interviñeron J. da Feriere, J. Verxel e M. Hermosilla.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario