Dársena de Curuxeiras
Inicialmente foi o porto de pescadores, onde se atopaba lonxa do peixe e o edificio da Capitanía Marítima do Porto, pero agora converteuse en porto deportivo, no que se poden ver variedade de embarcacións e iates. Nel ten lugar a Semana Náutica de Ferrol, así como regatas e outros eventos deportivos náuticos. De aquí parten unhas lanchas para pasaxeiros que van até a vila mariñeira de Mugardos, alén da ría.
Xardíns da Ranita
Estes xardíns atópanse fronte ao Baluarte de San Xoán. É unha plazoleta axardinada, da que parte o Paseo das Palmeiras, que percorre a Dársena de Curuxeiras.
No centro atópase unha fonte ornamental, realizada por Xan Braxe en 1991, consistente nunha escultura central con golfiños rodeada de varias ras polas que saen chorros de auga. Antigamente existía no lugar un monolito de exaltación ao réximen Franquista

Foto 1- Está percorrido por un paseo de palmeiras, que se inicia nos xardíns da Ranita; na marxe dereita hai numerosas terrazas e cafetarías onde tomar algo. Hai tamén unha oficina de información turística.
Foto 2- Antiga fábrica de lapices, mercada a patente polos alemanes e levada a terras xermánicas, hoxe en día é a máis coñecida mundialmente (Staedtler)
Foto 2- Antiga fábrica de lapices, mercada a patente polos alemanes e levada a terras xermánicas, hoxe en día é a máis coñecida mundialmente (Staedtler)
Edificio de Control Portuario
Edificio de Capitanía Marítima
Atópase situado fronte á dársena Curuxeiras e o porto deportivo, e xusto á beira do Baluarte de San Xoán. É un edificio relativamente novo, inaugurado en febreiro de 2007, cuxa fachada chama a atención de entre as que o rodean: É un edificio branco e azul de dúas plantas de altura, que parece un chalecito. Alberga as oficinas da autoridade portuaria.
0 comentarios:
Publicar un comentario