Empusa ou Barbantesa Pau,Mantis palo,(Empusa pennata)
![](https://lh3.googleusercontent.com/_mCykwdvexZs/Taxgyho8GfI/AAAAAAAALr0/cPkBwGyjx9k/aIMG_1300.jpg)
![](https://lh5.googleusercontent.com/_mCykwdvexZs/TaxgzPro09I/AAAAAAAALr4/o8By8dB5kgc/aIMG_1308.jpg)
Tratase dunha especie en perigo de extinción.Posiblemente estemos a falar da Mantis máis fermosa de Europa.
![](https://lh6.googleusercontent.com/_mCykwdvexZs/Taxg1rPfmII/AAAAAAAALsM/VUsFU_A9DPg/aIMG_1055_cr.jpg)
![](https://lh4.googleusercontent.com/_mCykwdvexZs/Taxg2NgrL6I/AAAAAAAALsQ/KyJ2SwUEeFg/aIMG_1080_cr.jpg)
Presenta unha cabeza pequena cunha protuberancia entre as dúas antenas, un tórax longo e delgado e un abdome pequeno e curvo. O primeiro par de patas localízase na parte anterior do tórax, mentres que as outras catro localízanse máis abaixo.
Os adultos posúen ás, pero as ninfas non. Ambos se caracterizan polas rugosidades na cutícula, así como a súa cor ocre, que as camufla coa herba seca na que habitan. Os machos adultos teñen antenas plumosas.
Os adultos posúen ás, pero as ninfas non. Ambos se caracterizan polas rugosidades na cutícula, así como a súa cor ocre, que as camufla coa herba seca na que habitan. Os machos adultos teñen antenas plumosas.
![](https://lh3.googleusercontent.com/_mCykwdvexZs/Taxg2w1_2lI/AAAAAAAALsY/UUJZTzAJgDU/aIMG_1155_cr.jpg)
![](https://lh6.googleusercontent.com/_mCykwdvexZs/Taxg3TNEihI/AAAAAAAALsc/g3fUYSiS-QY/aIMG_1202_cr.jpg)
![](https://lh5.googleusercontent.com/_mCykwdvexZs/Taxg36Dx1VI/AAAAAAAALsg/zjKGO-OHpDM/aIMG_1205_cr.jpg)
Ten dous grandes ollos compostos e tres ollos sinxelos entre eles. A cabeza pode virar até 180º. As súas patas dianteiras, que mantén recollidas ante a cabeza están provistas de fortes espiñas para suxeitar ás súas presas.
Son animais solitarios excepto na época de reprodución, cando macho e femia búscanse para aparearse. Cando hai máis dun macho preto dunha femia, estes peléxanse e só un reprodúcese.
Durante este período as femias vólvense moi agresivas e, en ocasións, acaban por comerse ao seu compañeiro durante ou despois do apareamiento empezando pola cabeza. Este comportamento está bastante mitificado, xa que, aínda que se dá con frecuencia en cativerio, é raro en liberdade. A cópula dura unhas dúas horas.
É o único animal coñecido que conta cun único oído, e teno localizado no tórax.
0 comentarios:
Publicar un comentario