Ten o seu nacemento preto de Tafornelos no concello de Somozas a uns 460 mts. de altitude. Preto de Machuconovo recibe o regacho de Tócaa, a partir desa confluencia diríxese meandrizando cara ao Norte, bordeando os Montes dous Cobos ata que se produce a afluencia do río das Ferrerías que achega ao sistema principal as augas recollidas nas Enchousas, Seixas e Somozas.
Entrando no concello de Moeche recibe as augas do regacho de Moeche e do río Pequeno, a medio camiño entre San Sadurniño e Xuvia incorpóraselle pola esquerda o máis importante dos afluentes, o río Castro, que xunto co subafluente Cando recollen as augas da vertente setentrional da serra de Forgoselo. Despois de rodear o coto de Ancos o río Grande desemboca en Xuvia.
Estas fotos son na sua desembocadura en Xubia (Narón)
0 comentarios:
Publicar un comentario