As formigas son pequenos insectos, da orde dos himenópteros que pertencen á familia dos Formicidae.
As distintas especies distínguense por características propias de comportamento e de forma ou morfológicas.
O 70 % das formigas que existen viven entre os dous trópicos.
Ten unha visión un pouco pobre, pero utilizan as súas antenas para cheirar, degustar e tocar.
Algunhas especies de formigas teñen un aguillón como as avispas, pero todas teñen unha glándula con veleno.
As formigas con ás non son especies diferentes senón os exemplares que se encargan da reprodución da colonia. As femias e os machos son alados cando abandonan o niño, aínda que despois perden as ás.
Son animais que poden adoptar diferentes formas. Existen diferenzas físicas entre formigas obreiras, entre os machos e as femias, etc.
Todas as especies de formigas coñecidas son sociables e viven en colonias.
Estas colonias poden estar compostas por poucos individuos ou por moitos, chegando mesmo a 100.000 ou máis.
Case todas as especies teñen a clase obreira, composta por femias estériles. A súa función é a de construír o niño, coidar das crías e conseguir alimento. Os seus ollos son pequenos e son ápteras.
Existen especies nas que estas formigas pon ovos, que son utilizados para alimentar ás larvas, xa que ao non estar fecundados, só poderían dar lugar a machos.
Dentro de cada colonia existen formigas de varios tamaños. As máis pequenas adoitan quedar dentro do formigueiro, mentres que as de maior tamaño saen ao exterior en busca de alimento.
Outra función é a de protexer o formigueiro, por iso que reciban tamén o nome de formigas soldado.
A formiga reina en cambio é solitaria. Non vai acompañada de ningún macho cando forma o formigueiro.O seu tamaño é superior ao resto de formigas,incluídos os machos.Unha vez foi fecundada, as ás cáenselle ou ben llas arrinca e cava unha pequena cámara onde permanece até o ano seguinte.Ao pouco tempo pon uns ovos que se transformarán en obreiras.A formiga reina depende de si mesma para a súa alimentación.Cando nacen as larvas, aliméntaas mediante secreciones salivares.Por ese motivo, as primeiras formigas obreiras que nacen son máis pequenas. Unha vez estas poden saír ao exterior, proverán á formiga reina de alimento.Unha formiga reina pode vivir até 15 anos durante os cales porá ovos.
Loita dunha formiga cunha avespa, como podemos ver a formiga defendeuse ata o último intre.
0 comentarios:
Publicar un comentario