Barbantesa,Santateresa (Mantis religiosa)
É unha especie de insecto mantodeo da familia Mantidae
Ten dous grandes ollos compostos e tres ollos sinxelos entre eles. A cabeza pode virar até 180º. As súas patas dianteiras, que mantén recollidas ante a cabeza están provistas de fortes espiñas para suxeitar ás súas presas.
![](//lh4.ggpht.com/_mCykwdvexZs/TP-qbkYW4FI/AAAAAAAAJHY/gK7yx96gI5k/s720/barbantesa.JPG)
Son animais solitarios excepto na época de reprodución, cando macho e femia búscanse para aparearse. Cando hai máis dun macho preto dunha femia, estes peléxanse e só un reprodúcese.
Durante este período as femias vólvense moi agresivas e, en ocasións, acaban por comerse ao seu compañeiro durante ou despois do apareamiento empezando pola cabeza. Este comportamento está bastante mitificado, xa que, aínda que se dá con frecuencia en cativerio, é raro en liberdade. A cópula dura unhas dúas horas.
Pode ser de cor verde ou pardo con distintos matices. A cor do adulto determínao o do medio no que habita durante a súa última muda (por exemplo amarelo se se trata de palla seca ou verde se é herba fresca).
É o único animal coñecido que conta cun único oído, e teno localizado no tórax.

0 comentarios:
Publicar un comentario