Ourizo común (Erinaceus europaeus)
![](http://lh6.ggpht.com/_mCykwdvexZs/TLTCDAlFeMI/AAAAAAAAHy0/R2EMstYqnxA/s720/ourizo2.jpg)
![](http://lh5.ggpht.com/_mCykwdvexZs/TLTCFIqQRDI/AAAAAAAAHy4/ey0Em6MuP1M/s800/ourizo.jpg)
Seus ollos son saíntes moi escuros e pequenos, as orellas redondeadas e curtas, o fuciño é puntiagudo. As súas patas son curtas e posúen 5 dedos cada unha e están provistas de fortes uñas. A cola tamén é curta.
Os machos son maiores que as femias, e teñen o ventre dunha cor que varía entre o pardo escuro e o pardo amarelado, mentres que o das femias é de cor cinza.
Cando se enfada adoita emitir uns resoplidos, asubíos e husmeos.
Caza e come insectos e as súas larvas,babosas, lombrigas de terra e mesmo se atreve con ras, ratiños, lagartijas, culebras e víboras. Esta dieta compleméntase con ovos e pitos de aves que aniñan no chan, landras, bayas e outros froitos.
0 comentarios:
Publicar un comentario