Lagarto das silvas,Lagarto verdinegro,(Lacerta schreiberi)
Lagarto robusto de tamaño medio. Os machos adultos teñen o dorso verde finamente punteado de negro e durante o celo adquiren unha coloración azul moi intensa na cabeza. O dorso das femias adultas pode ser verde ou pardo e adoita ter manchas negras grandes con ocelos brancos nos costados. Colar de bordo aserrado e 8-10 filas lonxitudinais de escamas ventrais.
Fronte a depredadores teñen certa camuflaxe coa contorna e permiten a aproximación a distancias relativamente curtas. Adoitan vivir en zonas con moitos refuxios. Ante un ataque non dubidan en rubir a unha árbore ou tirarse á auga.
0 comentarios:
Publicar un comentario