Vulneraria,(Anthyllis vulneraria)
É unha planta anual a perenne cuxo talos peludos alcanzan os 5-50 cm de altura, estendidos ou ascendentes, ás veces erectos. As follas son pinnadas e alternas; as inferiores con folíolos desiguais ovados a elípticos; as superiores con folíolos lineal-oblongos iguais, case iguais ou desiguais. As flores xeralmente amarelas pero (especialmente na costa) tamén poden ser crema, rosas ou alaranxadas en inflorescencias globulares densas de ata 4 cm de diámetro, con 2 brácteas moi divididas baixo os capítulos normalmente pareadas. Pétalos 12-15 mm; cáliz inchado e constrinxido no ápice, con 5 dentes desiguais. O froito é unha pequeña vaíña ovoide, reticulada. Especie moi variable, cunhas 20 subespecies identificadas. Florece en primavera e verán.- Acelera a curación de feridas, queimaduras, úlceras tórpidas, chagas, pero tamén actúa sobre cortes, contusións e hematomas. - Corta hemorraxias e facilita a necesaria cicatrización de feridas. - Dende épocas antigas utilizouse como remedio contra erupcións cutáneas, feridas de curación lenta, queimaduras menores, cortes e golpes.- Hemostático local, cicatrizante e antiséptico. - Popularmente considérase depurativa e antiemética. - Tamén ten propiedades como laxante, astrinxente e desinfectante. - O extracto etanólico demostrouse activo fronte a poliovirus e herpes virus.http://es.wikipedia.org/wiki/Anthyllis_vulneraria
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario