Uvas de gato,(Sedum album)
Ten propiedades medicinais, conten elementos importantes para o desenvolvemento do bo funcionamento do organismo, como son o ferro, magnesio, sodio e potasio; encóntranse en forma de sales como cloruros e fosfatos. Iso proporciona calidades refrescantes e sobre todo rehidratantes. É astrinxente, polo que se aplica tamén sobre úlceras e feridas abertas ás que limpa e cura á vez; por ser reepitelizante rexenera a pel máis rapidamente, logra unha pronta cicatrización e impide a aparición de infeccións.
Usos:
Como rehidratante: Mesturando o zume obtido por expresión da planta xunto con auga azucrada, ademais dos sales reporta unha inxestión de hidratos de carbono de rápida utilización, imprescindibles cando se trata de realizar un exercicio muscular importante.
Emplastes: Machucando a planta obtense unha pasta que se aplica sobre feridas polo seu efecto vulnerario.
http://www.llombera.es/R_pan_muria.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Sedum_album
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.
0 comentarios:
Publicar un comentario